Termos e condicións de uso

Pagamento

En Cortinas-Baratas.es poderás pagar as túas encargas de tres formas: con cartón de crédito/débito, con transferencia bancaria ou coa túa conta PayPal. O pago con cartón de crédito/débito realizarase a través da pasarela de Redsys por motivos de seguridade e de redución de custos para os nosos clientes. O pago con cartón a través de Redsys non supón ningún gasto extra para ti e si total garantía. Cortinas-Baratas.es non xestionará ningún tipo de dato ou información do teu cartón. Ademais, o aviso de pagamento é inmediato e comézase a tramitar desde o mesmo momento en que se realiza o pedido. O pagamento a través de tarxeta de crédito/débito é totalmente seguro e non supón ningún gasto adicional para o/a cliente/a.

As condicións da transferencia bancaria dependen das que teñas contratadas coa túa entidade bancaria, pero o aviso de cobro pode tardar ata dous días laborables, tempo que se engadirá ao proceso normal establecido para as encargas.

As condicións de pagamento a través dunha conta PayPal dependerá da solución que teñas contratada con esta entidade.

Responsabilidade

Cortinas-Baratas.es é unha tenda online propiedade de Xurxo Bértola Rodríguez, NIF 32761616W, con domicilio social en Augas Mansas 53, 15883 Teo, A Coruña. Tel. de contacto: 644 059 569. Email: info@cortinas-baratas.com

Resolución de litixios en liña en materia de consumo

Conforme ao Art. 14.1 do Regulamento (UE) 524/2013: A Comisión Europea facilita unha plataforma de resolución de litixios en liña que se atopa dispoñible na seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/consumers/odr/

Protección de datos

En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslles de que os seus datos serán incorporados no ficheiro automatizado de Cortinas-Baratas.es. Os datos obtidos unicamente serán tratados e utilizados co fin de tramitar as trasaccións económicas, enviar información sobre ofertas comerciales, así como dar cumprimento ás obrigas legais. En ningún caso serán cedidos a terceiros. Podes exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito dirixido a info@cortinas-baratas.es